INICIO | CONTACTE | MAPA WEB | BOLETÍN | BUSCAR:
  QUÉ É O OPUS DEI     PRELADO     NOVAS     PREGUNTAS  
 Está en: Inicio (España) / PREGUNTAS
PREGUNTAS
Resposta ás preguntas máis habituais sobre o Opus Dei
SOBRE O OPUS DEI
O Opus Dei -Obra de Deus, en latín- é unha institución xerárquica da Igrexa católica, unha prelatura persoal que ten como finalidade contribuir á misión evanxelizadora da Igrexa. Concretamente, propónse difundir unha profunda toma de consciencia da chamada universal á santidade e do valor santificador do traballo ordinario. O Opus Dei foi fundado por san Xosemaría Escrivá o 2 de outubro de 1928.
As prelaturas persoais son circunscricións eclesiásticas previstas polo Concilio Vaticano II e polo Código de Dereito Canónico, que se constitúen para levar a cabo, con gran flexibilidade, determinadas tarefas pastorais. Os fieis das prelaturas persoais seguen pertencendo ás igrexas locais ou diocesanas onde teñen o seu domicilio.
O Opus Dei é unha prelatura persoal de ámbito internacional, composta por un Prelado, por un clero propio e por fieis (homes e mulleres). Os sacerdotes da Prelatura proveñen dos membros laicos. Seglares e cregos cooperan orgánicamente na misión de difundir o ideal da santidade en medio do mundo e de promover, en particular, a santificación do traballo.
Homes e mulleres posúen a mesma dignidade de fillos de Deus, e están igualmente chamados á santidade heroica en virtude do bautismo. As mulleres e os varóns da prelatura viven o mesmo espíritu, promoven apostolados similares, exercen todas as profesións honradas, procuran igualmente santificar o traballo e a vida de familia. Ademais, os fieis laicos do Opus Dei, homes e mulleres, desenvolven idé
Ser santos significa parecerse a Xesucristo en todo: pensamentos, sentimentos, palabras e accións. O rasgo máis característico da santidade é a caridade (amar a Deus sobre todas as cousas e ao próximo coma a un mesmo), que informa todas as virtudes: humildade, xustiza, laboriosidade, castidade, obediencia, alegría… É unha meta á que están chamados todos os bautizados e que se acada só no Ceo, despois de loitar toda a vida, contando coa axuda de Deus.
Significa traballar segundo o espíritu de Xesucristo: traballar ben, con calidade, de acordo coa xustiza e respectando as leis, co fin de amar a Deus e servir aos demais. Dese modo contribúese a santificar o mundo dende dentro e a facer presente o Evanxeo en todas as actividades, tanto as que parecen brillantes como as máis humildes e agochadas, porque diante de Deus o importante non é éxito humano senon o amor que se pon no traballo.
O principal apostolado que realizan os fieis da Prelatura do Opus Dei é o que cada un leva a cabo no seu propio ambiente, sen formar grupo, como expresión natural e espontánea do seu compromiso cristián. O apostolado ennobrece os vínculos de amizade: un bo cristián esfórzase por ser un bo amigo, sincero e leal. Ademais, como froito do desexo do contribuir á solución dos problemas do seu contorno e de axudar aos máis necesitados, os fieis do Opus Dei, con moitas outras persoas, promoven iniciativas educativas e asistenciais: escolas, hospitais, centros de formación profesional, universidades… Son entidades moi variadas, que teñen a personalidade propia do país e da cultura na que nacen.
O Opus Dei ten e espalla soamente a doctrina da Igrexa. O específico do Opus Dei é o esforzo por levar o Evanxeo a todos os ambientes por medio da santificación do traballo. No Opus Dei vívese e foméntase a liberdade e o pluralismo en todas as cuestións poíticas, culturais, económicas e sociais que non foron definidas pola Igrexa.
A QUEN SE DIRIXE
Fieis católicos adultos, homes e mulleres de calquera cultura, nacionalidade, condición social e nivel económico, que perciben que Deus os chama a servirlle plenamente en medio do mundo e responden libremente a esa chamada: en efecto, a incorporación ao Opus Dei é sempre un compromiso de amor en resposta a unha vocación divina. Actualmente pertencen ao Opus Dei máis de 87.000 persoas.
A maior parte dos fieis da Prelatura están casados e esfórzanse por seguir a Xesucristo precisamente nas circunstancias ordinarias da súa vida: no seu traballo fóra e dentro do fogar, cuidando da súa familia, mantendo o amor conxugal sempre novo, recibindo con xenerosidade os fillos que Deus lles concede, educándoos con esmero e transmitíndolles a fe co seu exemplo e a súa caridade.
A incorporación prodúcese mediante unha declaración formal por parte da Prelatura e do interesado. Baséase no valor da palabra dada e na honradez cristiá da persoa que se incorpora á Prelatura, e comporta un compromiso de por vida: loitar por ser santo segundo o espírito do Opus Dei. Polo tanto require maioría de idade e unha decisión libre, ponderada e madura. Esixe ademais a necesaria información previa e un axeitado periodo de preparación.
Ademais dos sacerdotes, algúns laicos -homes e mulleres- viven o celibato, como un don de Deus e por motivos apostólicos. Iso permitelles unha maior dedicación a tarefas formativas, sen modificar en nada a súa condición laical, a súa situación profesional, a súa posición na Igrexa e na sociedade.
Normalmente, a petición de admisión á Prelatura vai precedida dun tempo de asistencia regular a medios de formación (retiros, clases, dirección espiritual) que permite coñecer con fondura o Opus Dei. Recoméndase tamén o exercicio estable das prácticas cristiáns que os fieis da Prelatura comprométense a vivir, como a frecuencia de sacramentos, a oración, o apostolado e, en xeral, o esforzo humilde e constante por adquirir as virtudes.
Os cregos seculares xa incardinados nunha diócese non poden pertencer á Prelatura, pero poden formar parte da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, asociación indisolublemente unida á Prelatura. Ao incorporarse á Sociedade da Santa Cruz non ven modificada a súa condición diocesana: seguen a pertencer plenamente ao clero da súa propia diócese e dependen do seu Bispo, coma antes. Comprométense a buscar a santidade no exercicio do traballo sacerdotal, segundo o espíritu do Opus Dei, e en particular empéñanse en vivir profundamente unidos ao propio Bispo e aos demais sacerdotes.
Os cristiáns non católicos e as persoas doutras relixións non poden pertencer á Prelatura, pero poden cooperar co Opus Dei se o desexan. Os cooperadores rezan polo Opus Dei e colaboran, co seu traballo e coas súas esmolas, nos labores educativos e asistenciais promovidos por fieis da Prelatura en todo o mundo. Actualmente, son cooperadores do Opus Dei cristiáns ortodoxos, anglicanos, luteranos, e tamén xudeus, musulmáns, budistas e persoas que non profesan relixión ningunha.
ACTIVIDADES QUE DESENVOLVE
O Opus Dei proporciona aos seus fieis a atención pastoral e os medios de formación que lles axudan a levar a súa misión no mundo. Tamén ofrece medios de formación a quen teñan interese en afondar nas esixencias da fe. A Prelatura organiza clases, charlas, días de retiro, medios de dirección espiritual, etc., para dar a coñecer e axudar a vivir as ensinanzas do Evanxeo e do Maxisterio da Igrexa. Os medios de formación -para homes e para mulleres por separado- organízanse en horarios e lugares compatibles co cumprimento dos deberes familiares, profesionais e sociais dos asistentes.
Os Centros do Opus Dei ofrecen actividades de formación para estudiantes novos e para traballadores, como clases de doctrina católica, dirección espiritual, encontros culturais e proxectos de solidaridade. Nos medios de formación recórdase, entre outras cousas, a importancia do estudo e do taballo, como preparación indispensable para servir seriamente á sociedade e á Igrexa, ser sementadores de paz e de ledicia e construir un mundo máis humano, máis xusto e máis cristián.
A Prelatura do Opus Dei coma tal e cada un dos seus fieis en particular esfórzanse por vivir en plena comunión co Papa, cos bispos, cos sacerdotes, cos relixiosos e con todas as realidades eclesiais. O Fundador da Obra lembrou sempre que o Opus Dei existe exclusivamente para servir á Igrexa, e que os fieis da Prelatura han de seren fermento de unidade.
MÁIS INFORMACIÓN
A Prelatura publica un boletín oficial, Romana, que recolle todos os documentos e noticias relevantes sobre a súa actividade: máis datos en www.romana.org. Ademais da que contén esta páxina web, pode atopar máis información sobre san Xosemaría en www.josemariaescriva.info, sobre os seus escritos en www.escrivaworks.org. Nos países onde hai labor do Opus Dei, existe tamén unha Oficina de información a dispor dos xornalistas e profesionais da comunicación. Pode atopar o enderezo electrónico desas oficinas na sección “Press Room” desta páxina web.
Se desexa máis información, pode escribir a galicia@opusdei.es. Recibirá pronta contestación.  
MÁIS INFORMACIÓN
Se desexa maís información, pode encher o seguinte formulario. Pondrémonos en contacto con vostede. Ë necesario completar os campos marcados con asterisco. (*):

Nome:
Apelidos:
Dirección de e-mail*:
Asunto*:
Comentarios*:

Escribe os caracteres que veas na imaxe




Esto axúdanos a evitar que programas automatizados poidan enviar correo electrónico non desexado

© 2009, Oficina de información do Opus Dei en Internet.
[ ]   [ ARQUIVO ] 
21/11/2009