
Novo website sobre San Josemaría
www.josemariaescriva.info, o website sobre San Josemaría, renova o seu deseño e incorpora novos contidos. Trátase do espazo máis completo de Internet para coñecer o "santo do ordinario".
01/10/2009
O novo website dedicado ao fundador do Opus Dei permite coñecer mellor a súa vida e a súa mensaxe de buscar a Cristo nas actividades da vida cotiá. Ofrécese en 8 idiomas diferentes.No www.josemariaescriva.info o contido estrutúrase en seis seccións principais: a vida e ensinanzas de san Xosemaría, testemuñas, iniciativas educativas e sociais nacidas baixo o seu impulso e inspiradas pola súa predicación, documentación, multimedia e noticias de actualidade.
A páxina principal renóvase con noticias recibidas de todo o mundo e con testemuñas dos que reciben favores recibidos pola súa intercesión, se achegaron á fe e descubriron a alegría da vida cristiá grazas a san Xosemaría.
Recóllense tamén manifestacións da devoción universal a san Xosemaría, reflectida en dedicacións de rúas, templos, capelas e outras iniciativas, e abundante documentación, tamén de carácter histórico. Na sección Multimedia poden atopar vídeos temáticos, e testemuñas e filmacións de encontros co fundador do Opus Dei.
Periodicamente recóllense entrevistas a persoas que coñeceron a san Xosemaría persoalmente, estudosos das súas ensinanzas ou protagonistas de iniciativas desenvolvidas coa axuda do fundador do Opus Dei.
"Liña do tempo" biográfica sobre San Xosemaría.
Entre os elementos máis valorados polos lectores está a sección, que "Tal día coma hoxe" recolle cada día un recordo de san Xosemaría sobre esta data. Ou, "Para os máis xoves"que inclúe debuxos, anécdotas e oracións para nenos.
Dende a parte inferior da páxina principal, os usuarios poden inscribirse á páxina e recibir automaticamente as principais novidades na súa conta de correo electrónico.
DESTACAMOS
SAN XOSEMARÍA
ENLACES
21/11/2009

Facebook
Twitter
Delicious