
Ángel Lasheras, novo Vicario da Delegación do Opus Dei en Galicia
O prelado do Opus Dei, Mons. Javier Echevarría, nomeou a D. Ángel Lasheras Presas Vicario da Delegación en Galicia, en substitución de D. Borja de León González, que foi nomeado Director Espiritual para a circunscrición de España.
17/06/2009
D. Ángel Lasheras
Tras rematar os estudios universitarios levou a cabo tarefas formativas e de dirección en labores con xente nova, primeiro na Asociación Albeiro de Vigo (1978-1983) e logo na Asociación Roiba de Ferrol (1983-1991) cidade na que tamén traballou como médico e orientador no Colexio Montefaro.
Durante os seus anos en Roma (1991-1998) doutorouse en Filosofía pola Universidade Pontificia da Santa Cruz. Nesa cidade recibiu en 1997 a ordenación sacerdotal. Tras dous anos de labor pastoral universitario en Madrid, trasladouse a Valladolid, onde foi Vicario do Opus Dei para Castela-León, Cantabria e Asturias durante os últimos 9 anos.
DESTACAMOS
SAN XOSEMARÍA
ENLACES
21/11/2009

Facebook
Twitter
Delicious